Publicacións:
Agustí Chalaux de Subirà,
Brauli Tamarit Tamarit.
Agustí Chalaux de Subirà.
Agustí Chalaux de Subirà.
Publicacións do Centro noutros idiomas:
Ensaio
sobre moeda, mercado e sociedade.
Magdalena Grau Figueras,
Agustí Chalaux de Subirà.
(Castellano). (Català).
(English).
O poder do diñeiro.
Martí Olivella.
(Castellano). (Català).
(English). (Italiano).
Documentos multimedia.
Documental
A moeda telemática, un instrumento para a paz.
(Castellano). (Català).
(English). (Italiano).
|
|
Quen somos?
O nome do Centro é debedor do pedagogo e mestre de mestres Joan Bardina e Castarà (Sant Boi de Llobregat, 1877 - Valparaiso, 1950) que ademais de revolucionar a pedagoxía catalá de principios do século XX, foi un buscador e inspirador de novos camiños sociais, económicos e políticos.
O Centro d'Estudos Joan Bardina, trata de desenvolver con estas suxestións, estudos e propostas que axudan ao deseño de modelos de solidariedade e convivencia humanas.
O Centro d'Estudos Joan Bardina é unha asociación sen ánimo de lucro fundada o 25 de outubro de 1984 inscrita no Rexistro de asociacións da Generalitat de Catalunya número 7.156, N.I.F G‑58300153.
As investigacións en curso, expostas por Agustí Chalaux de Subirà (San Genís dels Agudells, 1911 - Barcelona, 2006) desde hai moitos anos, sitúanse ao redor dos seguintes puntos:
- Aplicación do «empirismo fenomenolóxico experimental» aos fenómenos sociais, económicos e políticos, susceptibles de ser analizados loxicamente e experimentados tecnicamente, de cara a buscar estruturas favorecedoras das liberdades concretas.
- Elaboración dunha terminoloxía unívoca –imprescincible en todo tratamento «científico» dos fenómenos– segundo o estudo do significado orixinal das palabras e as súas derivacións (sem-etimo-linguística).
- Estudo interdisciplinar das diferentes etapas da historia natural, especialmente a humana, como marco para comprender os conflitos sociais e mercantís actuais.
- Estudo sobre o determinante tema utilitario na historia: economía, invento, empresa, capital, mercado, traballo, moeda, ecoloxía...
- Estudo e propostas sobre racionalización da moeda, para convertela nun instrumento responsabilizador, omniinformativo e, xa que logo, intracontable, do mercado e da sociedade («factura-cheque telemática»).
- Estudo das posibles consecuencias sociais que se derivan da reforma monetaria telemática: arquivo telemático de datos persoais baixo protección dunha Xustiza independente do Estado, simplificación fiscal, omnicontabilidade, mercometría exacta, ciencia económica experimental...
- Elaboración de propostas sobre:
- «Libre mercado claro e sociedade transparente». Evitar que o «diñeiro mercantil» se transforme en «diñeiro de corrupción e de poder» e impedir a mercantilización das vocacións e institucións liberais.
- «Dialéctica entre «arquía e anarquía»». Precisar as funcións dos órganos de comandamento social a todos os niveis, para impedir a transformación en poder contra as persoas individuais, sociais e nacionais.
- «Dialéctica entre ben privado e ben común». Formulación da hipótese do «ben común mercantil» tecnicamente experimentable coa factura «cheque telemático».
- Estudo de estratexias de consecución das propostas formuladas.
Tradución ao galego: Elisa Borrazás.
|