Català | Castellano | English | Français | Deutsch | Italiano | Galego | Esperanto
En aquest lloc «web» trobareu propostes per fer front a problemes econòmics que esdevenen en tots els estats del món: manca d'informació sobre el mercat, suborns, corrupció, misèria, carències pressupostàries, abús de poder, etc.
Fronte | Quen somos? | Contacto ed e-mail | Blog

• Publicacións:

Pequena historia da moeda.
Agustí Chalaux de Subirà, Brauli Tamarit Tamarit.

O Capitalismo Comunitario.
Agustí Chalaux de Subirà.

Un instrumento para construír a paz.
Agustí Chalaux de Subirà.

• Publicacións do Centro noutros idiomas:

Ensaio sobre moeda, mercado e sociedade.
Magdalena Grau Figueras, Agustí Chalaux de Subirà.
(Castellano). (Català). (English).

El poder del diner (O poder do diñeiro).O poder do diñeiro.
Martí Olivella.
(Castellano). (Català). (English). (Italiano).



Documentos multimedia.

Documental A moeda telemática, un instrumento para a paz.
(Castellano). (Català). (English). (Italiano).

Renovarse ou esgotar a natureza.

As enerxías alternativas cubrirían 56 veces o consumo eléctrico en España en 2050, segundo Greenpeace.

Metro Directo. Venres, 25 de Novembro de 2005. Economía.

Greenpeace.O futuro tanto da enerxía como do Medio Ambiente atópase na utilización das enerxías renovables. Greenpeace publicou un estudo segundo o cal con este tipo de fontes podería abastecerse até 56,42 veces a demanda eléctrica da Península en 2050. Afirmación que Industria considera demasiado positiva, sobre todo pola distancia no tempo destes cálculos.

As previsións gobernamentais son menos ambiciosas, como o demostra o Plan de Enerxías Renovables 2005-2010 aprobado a finais do pasado mes de agosto. Nel contémplase cubrir con este tipo de fontes un 12,1% do consumo global e un 30,3% do consumo bruto de electricidade.

Esquerda: Os paneis solares no planalto de Castela. Dereito: Parque eólico no municipio de El Bonillo (Albacete).

O Sol, principal fonte.

Greenpeace pide unha maior importancia para a enerxía solar, xa que esta é a principal fonte renovable coa que conta España e apunta que coa termoeléctrica (a través de espellos concentradores) podería cubrirse o consumo 35 veces para 2050.

Os cálculos do Goberno outorgan un importante papel á fonte eólica, á que desde Greenpeace se lle concede a capacidade de cubrir 53 veces o actual obxectivo do plan, cuxos prognósticos só chegan até 2010.

Tradución ao galego: Elisa Borrazás.

Home | Publicacións | Contacto ed e-mail