Català | Castellano | English | Français | Deutsch | Italiano | Galego | Esperanto
En aquest lloc «web» trobareu propostes per fer front a problemes econòmics que esdevenen en tots els estats del món: manca d'informació sobre el mercat, suborns, corrupció, misèria, carències pressupostàries, abús de poder, etc.
Fronte | Quen somos? | Contacto ed e-mail | Blog

• Publicacións:

Pequena historia da moeda.
Agustí Chalaux de Subirà, Brauli Tamarit Tamarit.

O Capitalismo Comunitario.
Agustí Chalaux de Subirà.

Un instrumento para construír a paz.
Agustí Chalaux de Subirà.

• Publicacións do Centro noutros idiomas:

Ensaio sobre moeda, mercado e sociedade.
Magdalena Grau Figueras, Agustí Chalaux de Subirà.
(Castellano). (Català). (English).

El poder del diner (O poder do diñeiro).O poder do diñeiro.
Martí Olivella.
(Castellano). (Català). (English). (Italiano).



Documentos multimedia.

Documental A moeda telemática, un instrumento para a paz.
(Castellano). (Català). (English). (Italiano).

A desunión fiscal europea.

Joan Casals i Noguera (1925-1998). Ex presidente de PIMEC1.
Avui. Xoves, 10 de jullo de 1997. Economía. Plusvalía.

Joan Casals (1925-1998).Avui. Logo.Dentro da opinión pública adoitan pasar cousas ben chocantes: unha é que, moi a miúdo, os maiores contrasentidos son os que pasan máis por alto e, a outra, é que as cuestións máis polémicas caen despois nun esquecemento tan profundo que mesmo se perde a sensibilidade por toda cuestión equiparable que saia novamente.

Un exemplo ben manifesto do que dicimos é o actual contrasentido de que, en Europa, estamos a piques de facer a gran unión monetaria entre países coa maior desunión fiscal. Contrasentido que se converte en dobremente estridente no noso xa que, non hai nin catro días que en España estabamos a pelexar por mor dunha cuestión comparable: o novo modelo de financiamento das autonomías -coa cesión do 30% do IRPF- que só apuntaba un elemento de descentralización que está moi lonxe de suscitar a desunión fiscal dentro do Estado. E, non obstante, entón bombardeábase con toda unha especie de malos agoiros contra esta lixeira relaxación do esaxerado centralismo fiscal español: desde que aquilo significaba romper a solidariedade entre os españois ata que a cousa fomentaría o dumping fiscal entre as autonomías. Pero, despois de todo este balbordo, agora, perante a gran desunión fiscal europea parece coma se esta diverxencia se atopase moi natural. Isto, unido á estrita e irreversible converxencia monetaria que nos estamos esixindo todos desde Maastricht.

Dá a sensación, pois, que esta desunión é un problema que se pode deixar tranquilamente para máis adiante e que, polo tanto, agora non hai que pelexarse tratando de pór en marcha unha unión fiscal europea. Porén, con esta actitude non corremos talvez o risco de afastar ou entorpecer a unión política europea? Non era precisamente a unidade política o verdadeiro motivo e obxectivo de todos os pasos que vai facendo Europa desde o Tratado de Roma hai 40 anos? E dicimos isto porque nos parece que unha unión monetaria sen unión política -e polo tanto fiscal- podería correr o risco de pór en marcha un proceso de distanciamento progresivo entre países, concretamente entre os países máis competitivos -industrialmente falando- e os que agora o son menos. Isto, debido á menor produtividade destes últimos, fará que os seus prezos cunha moeda única non devaluable vaian sendo menos competitivos cada ano que pasa e, en consecuencia, vaian perdendo mercados e, de paso, destruíndo postos de traballo, aumentando así a desigualdade entre países.

O que ocorre, con todo, é que unha verdadeira unión fiscal esixiría unha certa caixa común -digamos un orzamento federal- cun volume razoable para poder financiar non só os servizos comúns, senón tamén as transferencias de fondos aos Estados europeos que necesitan un esforzo máis grande de equipamento e de desenvolvemento... Se se quere, tampouco se ía inventar nada novo xa que isto é o que xa funciona nos Estados Unidos de América, por exemplo. Pero, en cambio, a operación atoparía seguramente moita oposición e desconfianza entre os europeos. Aínda que a perspectiva de que Europa pase moitos anos cun mercado común forte e unificado xunto a unha débil e dispersa política común tampouco é moi convincente, a non ser que nos conformemos con que o poder político se convirta en subordinado do poder económico.

Artigo proporcionado por Jordi Griera, membro de honra do Centro de Estudos Joan Bardina.
Tradución ao galego: Elisa Borrazás.


Nota:

1 PIMEC: Pequena e Mediana Empresa de Cataluña.

Home | Publicacións | Contacto ed e-mail