Català | Castellano | English | Français | Deutsch | Italiano | Galego | Esperanto
En aquest lloc «web» trobareu propostes per fer front a problemes econòmics que esdevenen en tots els estats del món: manca d'informació sobre el mercat, suborns, corrupció, misèria, carències pressupostàries, abús de poder, etc.
Fronte | Quen somos? | Contacto ed e-mail | Blog

• Publicacións:

Pequena historia da moeda.
Agustí Chalaux de Subirà, Brauli Tamarit Tamarit.

O Capitalismo Comunitario.
Agustí Chalaux de Subirà.

Un instrumento para construír a paz.
Agustí Chalaux de Subirà.

• Publicacións do Centro noutros idiomas:

Ensaio sobre moeda, mercado e sociedade.
Magdalena Grau Figueras, Agustí Chalaux de Subirà.
(Castellano). (Català). (English).

El poder del diner (O poder do diñeiro).O poder do diñeiro.
Martí Olivella.
(Castellano). (Català). (English). (Italiano).



Documentos multimedia.

Documental A moeda telemática, un instrumento para a paz.
(Castellano). (Català). (English). (Italiano).

Gemma Anglada de Veganitza’t: «Un mundo de posibilidades, é pura alquimia».

Llibertat.cat. Logotipo.Llibertat.cat. Sábado, 12 de Marzo de 2022.

Gemma Anglada de Veganitza’t: «Un mundo de posibilidades, é pura alquimia».

12-3-2022. Entrevistas.
Tradución á lingua galega: Vicenzo Reboleiro González.

Entrevista a Gemma Anglada, cociñeira e responsable de Veganitza’t (Avenida Costa Brava, 18 de Corçà, na Estrada de Palamós).

Foto: Risotto de col lombarda con pistachos con estaladizo de queixo vexetal. Fonte: Veganitza’t.
Foto: Risotto de col lombarda con pistachos con estaladizo de queixo vexetal. Fonte: Veganitza’t.

Veganitza’t é un restaurante vegano en Corçà, no Baix Empordà. Cando comezou este proxecto?–

–Apenas haberá un ano, o día 26 de Marzo.–

–Por que só vegano?–

–O veganismo non é unha dieta, é unha forma de vida, e somos fieis á nosa esencia.–

–E que implicacións tén este veganismo alén da alimentación?–

–Como che dicía, non só se trata de non comer nada que veña dos animais (carne, lácteos, ovos, nin mel), tampouco empregamos nada a ningún nivel, roupa (la, seda, angora, coiro...) nin produtos que veñan da experimentación, etcétera.

Non aceptamos o trato que se lles dá ao resto de animais.–

–Así, ti considéraste tamén animalista?–

–Si, está claro, loito polos seus dereitos e considéroos como iguais.–

Foto: Humus con garavanzos torrados especiados. Fonte: Veganitza’t.
Foto: Humus con garavanzos torrados especiados. Fonte: Veganitza’t.

–«Ñoquis á putanesca», «Risotto de col lombarda», «Croquetas de calçots e boniato»... e moitas sobremesas con formas, sabores e cores diversas. De onde sae esta imaxinación?–

–Sempre gustei da cociña, e ao dar o paso ao veganismo descubrín todo un mundo de posibilidades, é pura alquimia.

Gozo moitísimo perante os retos, moitos clientes pídenme cousas como «foie» ou «zema» vexetal, e ao logralo sempre me emociono...–

Foto: Arriba: Hedra con piña e froitos secos. Abaixo: Risotto de lombarda con chips de boniato e boniato lila. Fonte: Veganitza’t.
Foto: Arriba: Hedra con piña e froitos secos. Abaixo: Risotto de lombarda con chips de boniato e boniato lila. Fonte: Veganitza’t.

–As sobremesas teñen un papel importante na oferta de Veganitza’t: Hai un factor creativo e artístico alén do propiamente alimentario? Hai clientas ás que lles entran os pasteis e outras sobremesas polos ollos?–

–Si, sempre gustei da arte, da pintura, e da cociña, é creatividade.

Si, os clientes a miúdo non o cren cando ven, por exemplo, unha pavlova de merengue e nata, sen ovos nin lácteos, é divertido.

E cando proban e fan –ohh, ummmm–, é o mellor premio.–

Foto: Un pastel de té macha e frambuesas. Fonte: Veganitza’t.
Foto: Un pastel de té macha e frambuesas. Fonte: Veganitza’t.

–E a adaptación da cociña catalá a todos estes pratos veganos?–

–A miúdo relaciónase a comida 100% vexetal a pratos especiados e receitas doutras culturas, eu elixín veganizar os nosos pratos de sempre. Mesmo, na primavera teremos o menú dos Cátaros, facendo honra aos nosos antepasados.–

–Sen ovo, sen leite, sen carnes... mais, que pasa co azucre, os procesados e os centos de aditivos que impregnan a alimentación actual?–

–O veganismo é polos animais, non pola saúde, a pesar de que a consecuencia de non comelos provoca unha grande melloría na saúde.

Hai veganos que só comen froita e verdura crúa, outros que vixían a inxesta de azucre ou glute, e outros que simplemente gozan da comida libre de crueldade.

Non hai unha dieta ou tipo de alimentación que se identifique cos veganos. Como din, «cada mestriño ten o seu libriño».

Por respecto á natureza en xeral, e a nós mesmos, os nosos produtos son bio, as froitas e verduras, o pan é de pequenos produtores éticos da zona.

En xeral, non temos produtos con aditivos nin ultra procesados, nin compramos en corporacións con liñas vexetais, só a empresas éticas. Si empregamos azucres de diferentes tipos, integral, panela, de coco..., de comercio xusto, como o cacao ou o café.–

–E o mercado? De que produtos te forneces para a túa cociña?–

–Pois é como unha paleta de pintor, frutas e verduras frescas, flores, legumes, cereais, brotes, cogomelos, sementes, algas, tubérculos...

A naturaleza dános todo aquilo que precisamos para alimentármonos con fartura, e con saúde, de forma creativa, sustentable. É realmente incrible, e á vez moi triste que aínda non sexa a normalidade.–

–Que consellos darías aos novos clientes de Veganitza’t: Cando teñen que visitarvos, que terían que escoller, que vos poden encargar...?–

–Pois, diríalles que gocen, que nos pregunten, e que nos pidan aquilo que gusten, porque sempre tentamos compracelos. Pitágoras dixo:

«Mentres os homes sigan masacrando e devorando os seus irmáns os animais, reinará na terra a guerra e o sofremento e mataranse os uns aos outros, porque aquel que sementa a dor e a morte non poderá cultivar nin a alegría, nin a paz, nin o amor».–

Ligazón da entrevista orixinal en catalán:

https://www.llibertat.cat/2022/03/gemma-anglada-de-veganitza-t-un-mon-de-possibilitats-es-pura-alquimia-52203

Perfil de FaceBook de Veganitza’t:

https://es-la.facebook.com/pages/category/Product-Service/Veganitzat-100944608537435/

Home | Publicacións | Contacto ed e-mail