Català | Castellano | English | Français | Deutsch | Italiano | Galego | Esperanto
En aquest lloc «web» trobareu propostes per fer front a problemes econòmics que esdevenen en tots els estats del món: manca d'informació sobre el mercat, suborns, corrupció, misèria, carències pressupostàries, abús de poder, etc.
Fronte | Quen somos? | Contacto ed e-mail | Blog

• Publicacións:

Pequena historia da moeda.
Agustí Chalaux de Subirà, Brauli Tamarit Tamarit.

O Capitalismo Comunitario.
Agustí Chalaux de Subirà.

Un instrumento para construír a paz.
Agustí Chalaux de Subirà.

• Publicacións do Centro noutros idiomas:

Ensaio sobre moeda, mercado e sociedade.
Magdalena Grau Figueras, Agustí Chalaux de Subirà.
(Castellano). (Català). (English).

El poder del diner (O poder do diñeiro).O poder do diñeiro.
Martí Olivella.
(Castellano). (Català). (English). (Italiano).



Documentos multimedia.

Documental A moeda telemática, un instrumento para a paz.
(Castellano). (Català). (English). (Italiano).

As débedas de grupo.

Hai quen fala das leis espirituais da causa e do efecto. Son estas só para os individuos ou tamén para as colectividades? Os fenómenos de sufrimento ou de opresión duns colectivos cara a outros poden xerar reaccións en sentido contrario. Cal é a finalidade destas reaccións? Como poden afectar estes movementos no caso da nación catalá? Hai quen pode aproveitar estes movementos de compensación en favor da súa propia axenda? Como podemos saldar as débedas adquiridas e facilitar aquilo que queremos colectivamente? Grazas a unhas pinceladas de información que nos proporcionan os terapeutas de vidas pasadas e a que achegan os estudosos da historia censurada da nación catalá, podemos empezar a darnos conta dunha necesaria relación ética entre as colectividades. Artigo de Brauli Tamarit.


«É mellor acender unha vela que maldicir a escuridade».

Confucio (551-479 a. C.).


Chinés representado nun capitel do mosteiro de Ripoll. Vista ampliada.Fruto do cruzamento de informacións provenientes de dúas disciplinas diferentes, podemos acceder a un coñecemento que pode ofrecer unha hipótese de causalidade a unha serie de fenómenos dos cales non encontrariamos explicación se estudásemos só una das dúas. Neste caso, trátase da metapsíquica e as chamadas ciencias sociais humanas.

Nunha pasaxe do libro “Only Love Is Real” («Lazos de amor») de Brian Weiss, Doutor en psiquiatría practicante da Terapia de Vidas Pasadas (TVP), o autor explica que nunha regresión hipnótica aplicada a pacientes seus, o que parece ser que son almas de persoas mestras ou sabias toman por un momento o control das cordas vocais do paciente. Mediante este procedemento, estas almas expresan ao terapeuta unha serie de explicacións relacionadas co aprendizado da conciencia espiritual.

Concretamente, entre as páxinas 91 e 92 da versión castelá do libro mencionado, aparece a seguinte pasaxe, escrita como se fose un ditado:

«Existen varios tipos de karma, de débedas por saldar. O karma individual corresponde ás propias obrigas da entidade, que só lle pertencen a ela. Pero tamén hai un karma colectivo, as débedas do grupo, e existen diversos grupos: relixións, razas, nacionalidades, etc. Nun nivel máis amplo, esta o karma planetario, que afecta o destino do planeta e as súas consecuencias. No karma colectivo, non só hai débedas individuais acumuladas e sedimentadas, senón que as súas consecuencias terminan por atribuírense ao grupo, ao país ou ao planeta. A aplicación deste karma colectivo determina o futuro do grupo ou do país. Mais tamén se aplica ao individuo que se reencarna dentro do grupo ou do país, ou ao mesmo tempo e en relación con ese grupo ou país aínda que non pertenza a el, ou nunha época posterior (...)»1.

A suposta entidade que toma o control do paciente neste caso está a dicirnos que non só hai leccións espirituais aplicables aos individuos, senón tamén a colectivos de todo tipo.

Doutra banda, achamos que, ultimamente, os principais grupos de poder económico da nosa Humanidade, que parecen ambicionar controlar e reducir a poboación mundial, están a manter relacións de alianza con representantes de colectivos que sufriron persecución no pasado, como os ecoloxistas, feministas, sociais, antirracistas, defensores das minorías sexuais, etcétera.

Descubrimos como o principal poder económico humano está a converterse en promotor do desempeño de varias débedas de grupo como necesidade de aprendizaxe dirixida a varios colectivos humanos que actuaron como victimarios.

Relación de débedas de grupo.

Podemos definir algunhas débedas de grupo que dan explicación á necesidade de aprendizaxe de respecto dun colectivo cara ao outro, e para facer esta relación tomamos man de datos históricos que temos ao noso alcance. Esta relación non é do todo exhaustiva e nalgúns casos centrámonos en situacións que nos son máis próximas.

Para empezarmos, hai unha necesidade por parte dos seres humanos de respectar as outras especies vivas do planeta, despois dun crecente exterminio da biodiversidade. Tanto para o noso planeta de orixe, coma se algún día queremos visitar outros mundos onde repartirmos os nosos excedentes de poboación humana, teremos que aprender a tratar con coidado os ecosistemas que nos dan vida e actuar en simbiose. Os defensores do movemento ecoloxista quizá son, entre os seres humanos, quen mellor representan esta necesidade de mellora da consciencia da nosa especie cara ás outras.

Hai unha necesidade de respecto por parte dos seres humanos de xénero masculino cara aos seres humanos de xénero feminino, despois de milenios de dominio e abusos dos primeiros cara aos segundos. Agustí Chalaux e Lluís Maria Xirinacs2 formularon unha estimación cronolóxica da orixe da actual época patriarcal, coa revolución neolítica e o establecemento posterior do primeiro campesiñado coñecido. Máis recentemente, Jordi Griera, membro de honra do Centro de Estudos Joan Bardina, achegou un estudo máis detallado que reevalúa a fondo e cunha moi maior precisión como se foi producindo esta imposición histórica do patriarcado3. As persoas defensoras do movemento feminista son, entre os seres humanos, quen poden representar mellor esta necesidade de lección colectiva.

Os seres humanos privilexiados economicamente, xa sexa por herdanza como por se o son polo seu enxeño ou a súa sorte, teñen o deber de respectar as persoas que sofren carencia de recursos materiais. Os contrastes económicos entre os seres humanos terían que obrigar a quen teñen máis a partillar parte da súa riqueza con quen sofren carencias graves ou ben permitir que estes últimos poidan dispor dos recursos necesarios para a súa subsistencia. As persoas que poden representar mellor esta esixencia de suficiencia económica para todo o mundo son os representantes dos diferentes movementos políticos e sociais que reivindican esta necesidade.

Hai unha esixencia de respecto por parte dos seres humanos de raza branca cara aos seres humanos das outras razas, despois de séculos de colonialismo. Especialmente os antepasados dos brancos europeos invadiron, colonizaron e extraeron os recursos dos continentes americano, africano, asiático e oceánico en detrimento dos seus moradores das outras razas. Ademais, se queremos viaxar algún día alén dos confíns coñecidos do noso Mundo, temos que aceptar a posibilidade que teñamos que respectar unha diversidade de razas aínda máis grande. As persoas que poden defender mellor esta necesidade de esixencia de lección colectiva son as que pertencen aos movementos antirracistas e de dignificación dos pobos das razas oprimidas no pasado.

Os seres humanos de tendencia heterosexual maioritaria temos o deber de respectar aos seres humanos das outras tendencias sexuais, a condición de que se parta do mutuo consentimento e de non facer dano á outra persoa. A tendencia maioritaria a querer reproducírmonos pola vía natural da especie non ten que excluír que haxa persoas que por calquera circunstancia teñan unha orientación diferente, respectuosa á súa vez co outro. As persoas defensoras do movemento do non heterosexuais poden ser quen poden representar mellor esta necesidade.

Hai un deber de esixencia por parte dos membros das nacións que se volveron belixerantes cara a outras nacións a respectar estas últimas. Moi a miúdo partimos dunha beligerancia recíproca entre dúas ou máis nacións. As situacións de dominio e opresión dunhas nacións cara a outras é rica e complexa e ás veces a historia fai que nalgúns momentos invirtan os papeis. Os representantes dos movementos de liberación das nacións oprimidas poden ser quen transmitan mellor esta necesidade de respecto á propia nación cando é menosprezada por outras.

Cando expomos solucións aos problemas políticos, económicos e sociais, non temos que obviar a necesidade de axudarmos a que estas leccións de aprendizaxe colectiva sexan asumidas por parte dos colectivos que foron opresores no pasado. Constatarmos que as relacións de dominación se invirten só representa unha parte da lección a aprender, e unha simple reacción en contra non achega ningunha solución a esta necesidade.

Algúns casos particulares próximos. A invención catalá da pólvora.

Tanto Alexandre Deulofeu como desde o Institut Nova Història, –entidade creada por Jordi Bilbeny e as persoas que colaboran, como Manuel Capdevila–, constatouse que a nación catalá foi o berce da civilización europea occidental. Un movemento creativo en todos os ámbitos da actividade humana: arte, ciencia e filosofía, partiu do mosteiro de Sant Pere de Roda en todas direccións4.

A reconquista cristiá pola Península Ibérica tivo que aguzar o enxeño para facer efectivo o seu avance polas ricas costas mediterráneas e do sur, mentres que a reconquista era máis rápida pola meseta central e pola costa atlántica.

Chinés representado nun capitel do mosteiro de Ripoll. Fonte: Manuel Capdevila Maresma. "O abade de Poblet e o emperador da China". Ligazón: https://www.histo.cat/premsa/L%27abat-de-Poblet-i-l%27emperador-de-la-XinaEn tempo de Jaume I, en Ripoll estableceuse unha escola de tradutores. Fruto do seu labor, foi a viaxe do embaixador plenipotenciario catalán Jacme Alaric para atoparse cos representados do Rei de Armenia, do Emperador de Bizancio e do Gran Kan de Mongolia, entón Emperador de China, para urdir unha alianza contra unha gran potencia que se estendía entón desde Córdoba até Indochina, que é o Islam.

Requisito para establecer esta alianza foi o intercambio de coñecementos técnicos militares. Manuel Capdevila afirma que China coñecía o uso das pólvoras para facer foguetes. Segundo esta hipótese, o segredo das pólvoras foi enviado desde China até Cataluña por dous mandarines chineses que levaban dous sacos, e que quedaron reflectidos nunhas esculturas presentes no claustro do mosteiro de Ripoll5.

Mais segundo Jordi Bilbeny, o percorrido das pólvoras foi o inverso, pois cando se produciu a conquista de China por parte dos mongoles as imaxes dos documentos informan que esta conquista se fixo pola espada e non podía ser que China tivese as pólvoras como arma e os mongoles non. Ademais, as primeiras minas de nitrato de potasio, salpetre ou salitre na Europa cristiá para facer as pólvoras estarían na cova do Rat Penat (morcego) de Collbató6.

Segundo ambos, en Cataluña inventouse o uso da pólvora para facer pistolas, canóns, trabucos, escopetas, espingardas, pedreñales, morteiros, bombardas, etcétera. Foi con pólvora como se conquistou Mallorca e València7. As festas valencianas adoitan facérense con grandes demostracións de pirotecnia. O morcego convértese nun símbolo da cidade de Valencia.

A nación catalá, –cunha bandeira de franxas amarelas e vermellas que pode simbolizar o seu dominio do lume–, foi unha potencia militar e diplomática de primeira orde, ademais dunha grande innovadora na ciencia militar. Pero a diferenza do científico Alfred Nobel que, escandalizado polo mal uso da dinamita que el descubriu, instituiu os premios que levan o seu nome para recompensar os defensores da paz, os literatos e os científicos, os cataláns non instituímos aínda un sistema de compensación equivalente polos males causados pola pólvora e outras innovacións bélicas.

Esta necesidade de lección de respecto colectivo permítenos adiviñar porque en varias ocasións a nación catalá foi invadida con armas de fogo e como, a partir de certo momento, a capital catalá foi vítima de bombardeos cada cincuenta anos.

A Inquisición Católica.

Hai unha necesidade por parte das persoas das igrexas cristiás en xeral e da Igrexa católica en particular a respectar as persoas das outras crenzas, agnósticas ou non crentes. Este fenómeno vai parcialmente ligado ao do colonialismo das persoas de raza branca, especialmente europea, cara ás persoas doutras razas dos outros continentes, pero tamén ten relación con respecto ás persoas de diferente confesión e pensamento dentro da mesma Europa. Os representantes das confesións e formas de pensamento ninguneadas no pasado poden representar mellor a reivindicación desta esixencia de respecto.

Dentro dos territorios de fala catalá, é onde a Inquisición Católica aplicou máis autos de fe contra persoas condenadas, como bruxas e herexes, de toda a Península Ibérica. Moitas das vítimas eran queimadas na fogueira pública. Cando no século XIX se aboliu a institución inquisitorial, empezou a producirse o fenómeno inverso do anticlericalismo que tivo as súas máximas expresións na Semana Tráxica do 1917 en Barcelona, xustamente tamén co instrumento do lume coa queima de igrexas e conventos, e novamente durante a Guerra do 1936-1939 na zona chamada republicana.

Beligerancia entre as nacións catalá e castelá.

Dentro do Estado español, prodúcese unha situación de beligerancia entre os pobos de matriz catalá e os de matriz castelá. Hai que facer un repaso á historia do chamado imperio español para pescudar algúns das débedas colectivas que se derivan.

Portada do libro: "El dit d'en Colom", de Jordi Bilbeny, onde os conquistadores europeos acompañados de bandeiras con franxas amarelas e vermellas realizan unha exhibición pirotécnica con armas de fogo. Os aborixes xacen no chan en sinal de submisión.Grazas de novo ao labor coidadoso do Institut Nova Història, sabemos que a nación catalá participou activamente nun papel protagonista no chamado descubrimento, conquista e colonización europea das Américas e de territorios do Pacífico, coa intención de establecer a cultura e o sistema de crenzas europeo sobre estes pobos. A cultura dos pobos nativos foi suplantada, en gran medida cun propósito evanxelizador. Ademais, durante o reinado do emperador Carlos I, o imperio español exerceu unha presión en forma de pinza entre Cataluña e Alemaña para apoderarse de Francia e conseguir levar a cabo un imperio continuo europeo.

Mais a partir do ano 1594 aproximadamente8, que é cando se consolida o paso de Francia á fase de gran unificación, segundo Alexandre Deulofeu, a dominación invertiuse. Enrique IV é proclamado rei de Francia a cambio de abrazar o catolicismo, pero o intento de reunir Francia coa coroa española xa non é posible, co cal se perde a ocasión de lograr este imperio continuo europeo. Felipe II trasladara a capitalidade do imperio español a Madrid e a nación catalá deixou de ter unha posición de preeminencia. Esta retirada da capitalidade do imperio español fai que se empezara a considerar que a historia se tiña que reescribir. A partir de aquí, serían os representantes da nación de matriz castelá quen impulsaron cada vez máis un sistema de censura que foi substituíndo as referencias á catalanidade da cultura propia, para atribuílas a outros pobos como a mesma Castela ou Italia.

Oportunidade de lección colectiva. Débeda e crédito.

PC IBM. Modelo 8088.A aparición das tecnoloxías da información, e en especial Internet, axudaron a facer caer o veo do esquecemento das culturas abandonadas e menosprezadas. Investigadores das culturas das Américas e do Pacífico poden recuperar o seu coñecemento ancestral anterior á presenza e dominación europeas, xusto no mesmo momento en que investigadores que estudan a cultura catalá, como o neto de Alexandre Deulofeu, Juli Gutièrrez Deulofeu, os mencionados do Institut Nova Història e outros, recuperan o recoñecemento da orixe catalá da cultura europea occidental.

O doutor José Luís Cabouli na súa conferencia en Soleràs (Les Garrigues), o sábado 29 de agosto de 2020.O Doutor José Luís Cabouli é outro dos practicantes da Terapia de Vidas Pasadas que tratou a miles de pacientes e creou escola propia entre Cataluña e a Península Ibérica por unha banda, e a súa Arxentina natal e Sudamérica polo outro. Na conferencia que impartiu o sábado 29 de agosto de 2020 no Soleràs9, cunha asistencia multitudinaria, unha persoa de entre o público preguntoulle cando a alma pode escoller os seus pais. El respondeu: «Ás veces podemos escoller, ás veces non podemos escoller e outras veces é irrelevante»10. Tamén vén dicir que esta capacidade de decisión en parte depende do «crédito cósmico» que cada persoa teña11.

Nos individuos, a situación de causar un feito doloroso a outra persoa provoca o establecemento dunha débeda individual. En cambio, quen realiza accións encamiñadas a alixeirar ou sanar o sufrimento causado a outra persoa, entón está a restar débeda adquirida con anterioridade. Ademais, se unha persoa realiza accións encamiñadas a previr, alixeirar ou sanar a dor dos seus semellantes, vai adquirindo un «crédito cósmico» tal como afirma o Doutor Cabouli.

Así podemos deducir, segundo a cita inicial do Doutor Brian Weiss que, na relación entre os colectivos, prodúcese o mesmo. Deducimos que se un colectivo ou persoas destacadas dun colectivo se dedícan a alixeirar ou sanar o sufrimento causado por anteriores membros ou antepasados deste primeiro colectivo a outro grupo, entón subtráese débeda antiga do primeiro grupo. É posible que se un grupo ou persoas destacadas deste grupo se dedícan a previr, alixeirar ou sanar a dor doutros grupos, o primeiro vaia adquirindo «crédito cósmico» de grupo?

Sería unha boa lección de aprendizaxe colectiva que as persoas estudiosas da censura que forman parte do Institut Nova Història e que maioritariamente proveñen da nación catalá colaboren, achegando a súa experiencia, con persoas estudiosas da historia de todas aquelas nacións e pobos de todo o mundo que sufriron censura na súa cultura e queren recuperala. Por exemplo, os pobos das nacións americanas e do Pacífico por seren conquistados polos antepasados dos cataláns, pero tamén outros pobos como a Occitania que foi conquistada por Francia e a India que foi ocupada por Inglaterra e diferentes potencias europeas. O obxectivo seria cauterizar as feridas sufridas e dar a coñecer as contribucións culturais orixinais de cada pobo á enteira Humanidade.

Non só hai que colaborar a recuperar a cultura propia no caso de que esta fose vítima da censura, nun simple desexo de recuperar aquilo que é propio, senón tamén estender entre os diferentes pobos a lección de respecto ás contribucións culturais do resto de colectivos, que é unha parte da aprendizaxe do respecto ao outro a nivel de grupo e a necesidade de amar a verdade ante a manipulación e a mentira. A colaboración entre grupos de diferentes nacións aprofundará aínda máis este convencemento por parte dos diferentes investigadores históricos.

En cada relación entre varias colectividades en que unhas exercen o papel de agresoras e as outras exercen o papel de víctimas, necesitamos do coñecemento da verdadeira historia das diversas colectividades implicadas para darnos conta da necesidade de sanarmos estas relacións. No exemplo da relación entre dúas ou máis nacións, temos que recorrer a un relato honesto da historia e non a un relato guiado pola inercia imposta polos pobos vencedores nas últimas guerras. Só se sanarán estas relacións de agresor e de víctima cando dentro do inconsciente colectivo das partes que foron agresoras se teñan establecido definitivamente as leccións de respecto dirixidas ás partes que foron víctimas.

Non deberiamos ter que aprender dolorosamente unha lección de respecto colectivo se antes non se tivese producido un agravio de grupo causado polos antepasados do colectivo opresor. Se o poder económico humano é artífice desta aprendizaxe e criticamos as súas accións cando as consideramos inxustas, a maneira de resolver este tipo de problemas é coñecermos as leis da causa e do efecto, e asumirmos as leccións de respecto colectivo. É así como non haberá necesidade de que, nun futuro, un grupo de presión interveña, ou como mínimo non o téña máis fácil para obrigarnos a aprender esta lección mediante o sufrimento.

Brauli Tamarit Tamarit.
Primeira edición: Venres, 16 de Abril de 2021.
Última versión: Mércores, 1 de Marzo de 2023.
Versión publicada dentro da web do Institut Nova Historia:
Mércores, 16 de Febreiro de 2022.
Tradución ao galego: Vicenzo Reboleiro González.


Ligazón do artigo publicado dentro da web de La vaca cega desconfiada, de Manuel Capdevila:

https://www.histo.cat/premsa/Els-deutes-de-grup

Ligazón do artigo publicado dentro da web do Institut Nova Història:

https://www.inh.cat/articles/Els-deutes-de-Grup


Notas:

1 Doutor Brian Weiss. Only Love Is Real (Lazos de amor). Páxinas 91 y 92 da versión castelá. Accesible na web «En cuerpo y alma». Tipo de karma, karma colectivo, fama, objetivo y perdón. Citas de los sabios: https://animaweb.cat/gl/tipus-de-karma-karma-collectiu-fama-objectiu-i-perdo-cites-dels-savis/

2 Ver La primera historia humana, de Lluís Maria Xirinacs: http://es.finaly.org/index.php/La_primera_historia_humana#LA_REVUELTA_PATRIARCAL

3 Ler a última versión do libro Viento de liberación, de Jordi Griera, https://www.vientodeliberacion.com.

4 Ver Alexandre Deulofeu. Cataluña, mare de la cultura europea (Cataluña, madre de la cultura europea). Volumen 7 en catalán da Matemática de la Historia. Editorial Emporitana.

5 «Parece que a embaixada dos tártaros na corte catalana debería ter certo eco entre as élites do país, posto que dos mongoles son esculpidos –segundo mo fai ver Ferran Margarit– no claustro do mosteiro de Ripoll». Jordi Bilbeny. L’enigma de Marco Polo (El enigma de Marco Polo), https://www.inh.cat/articles/L'enigma-de-Marco-Polo

6 De feito Jaime I xa dispuña 200 años antes, para fabricar a súa pólvora, do único suministro de salitre de toda a Europa cristiana (segundo "De Alquimia" en 3 manuscritos de Michael Scot, 1180-1236): el salitre de la Cueva de lo Rat Penat de Collbató.

O nome "pólvora" en castelán (orixe lonxano: do latín "pulver") é unha palabra catalá que en castelán significa "polvo" (obtido coa man de morteiro), como catalán é tamén o nome do seu compoñente máis crítico: o "salitre" (do catalán "salnitre" –ver DRAE– di provenzal mais na Provenza non había salitre) (...)».

Manuel Capdevila. Colom i la pólvora catalana (Colom y la pólvora catalana). https://www.inh.cat/articles/Colom-i-la-polvora-catalana, https://www.histo.cat/destacats/La-polvora-catalana

7 «Dizese que la siguiente noche, se hizieron en el Real ciertos instrumentillos de fuego, que vulgarmente llaman cohetes. Los quales dado fuego y echados en alto cahian como rayos, y rebentavan como truenos dentro la ciudad. Dellos echauan tantos del campo, que se dize, que los Moros viendo aquellos como monstruos de fuego, se atemorizavan, y los tuvieron por mal agüero. De aquí quedó en la ciudad, lo que después de tomada ella se ha continuado hasta nuestros tiempos en cada un año, hazer gran fiesta la víspera del glorioso martyr Sant Dionís, con el estruendo de trompetas y atambores y el jugar de cohetes y otros fuegos, tomando ocasión de aquella noche, que apareció la armada de Túnez, y fiesta que en la ciudad, y en el campo de los Christianos se hizo a causa della.».

Dise que a seguinte noite, fixéronse no Real certos instrumentiños de fogo, que vulgarmente chaman foguetes. Os cales dando fogo e botados en alto caian como raios, e rebentaban como tronos dentro da cidade. Deles botaban tantos do campo, que se di, que os Mouros vendo aqueles como monstros de fogo, atemorizabanse, e tivéronos por mal agoiro. De aquí ficou na cidade, o que despois de tomada ela se continuou até os nosos tempos en cada ano, facer gran festa a véspera do glorioso martir Sant Dionís, co estrondo de trompetas e tambores e o xogar de foguetes e outros fogos, tomando ocasión daquela noite, que apareceu a armada de Túnez, e festa que na cidade, e no campo dos Cristiáns se fixo a causa dela.»).

Historia del muy alto e invencible rey don Jaime de Aragón, primero deste nombre, llamado «el Conquistador». 1584. Por Bernardino Gómez Miedes, citado en Història de les armes de foc (Historia de las armas de fuego), de Manuel Capdevila, https://www.histo.cat/nemo/Historia-de-les-armes-de-foc

8 Ver Cuadro de los imperios, dentro do sitio web de Alexandre Deulofeu: http://www.deulofeu.org/es/quadre-dels-imperis/, os imperios unha vez consolidados adoitan gañar os enfrontamentos cos imperios máis vellos e pérdenos cos imperios máis novos, exceptuando se estes últimos atravesan momentáneamente un fenómeno de depresión imperial.

9 Conferencia Doutor Cabouli: «La vida antes de nacer». El Soleràs. Sábado, 29 de agosto de 2021. Dispoñible en «YouTube» mediante a seguinte ligazón en: https://youtu.be/WDqrLCJN9D4

10 No vídeo da conferencia enteira pódese ver no instante 1 hora, 24 minutos e 20 segundos. Ligazón en: https://youtu.be/WDqrLCJN9D4?t=5060

11 Ver no vídeo da mesma conferencia enteira no instante 1 hora, 23 minutos e 35 segundos. Ligazón https://youtu.be/WDqrLCJN9D4?t=5014

Existe un vídeo breve da intervención do Doutor José Luís Cabouli en el Soleràs, subtitulado en galego. O Doutor Cabouli define «El crédito cósmico» como resposta a unha pregunta de unha persoa do público:

«El crédito cósmico» por el Doctor José Luís Cabouli. Conferencia en castelán subtitulada en galego.

https://odysee.com/@animaweb:b/Doctor_Jose_Luis_Cabouli_El_credito_cosmico_castellano_subtitulado_galego:0

Home | Publicacións | Contacto ed e-mail