Català | Castellano | English | Français | Deutsch | Italiano | Galego | Esperanto
En aquest lloc «web» trobareu propostes per fer front a problemes econòmics que esdevenen en tots els estats del món: manca d'informació sobre el mercat, suborns, corrupció, misèria, carències pressupostàries, abús de poder, etc.
Fronte | Quen somos? | Contacto ed e-mail | Blog

• Publicacións:

Pequena historia da moeda.
Agustí Chalaux de Subirà, Brauli Tamarit Tamarit.

O Capitalismo Comunitario.
Agustí Chalaux de Subirà.

Un instrumento para construír a paz.
Agustí Chalaux de Subirà.

• Publicacións do Centro noutros idiomas:

Ensaio sobre moeda, mercado e sociedade.
Magdalena Grau Figueras, Agustí Chalaux de Subirà.
(Castellano). (Català). (English).

O poder do diñeiro.
Martí Olivella.
(Castellano). (Català). (English). (Italiano).



Documentos multimedia.

Documental A moeda telemática, un instrumento para a paz.
(Castellano). (Català). (English). (Italiano).

Cataluña ten enerxía limpa en abundancia.

Hai suficiente para cubrir toda a demanda, pero non se aproveita.

Metro Directo. Mércores, 23 de novembro de 2005. Páxina 2.
Àngela Rodríguez.

Greenpeace.Se se aproveitasen ao máximo as enerxías renovables en Cataluña, poderíase cubrir toda a demanda eléctrica. Así o indica un informe da organización ecoloxista Greenpeace, segundo o cal no ano 2050 Cataluña podería abastecer con enerxías limpas 18 veces toda a súa demanda de electricidade.

A delegada de Greenpeace en Cataluña, Anna Rosa Martínez, apostou onte por aproveitar os recursos renovables e por cumprir o Protocolo de Kyoto, en lugar de «manter en funcionamento as perigosas, sucias e custosas centrais nucleares».

Autosuficiente.

Trucafort parque eólico, preto da Torre Fontaubella. Foto: Àlex Tarroja.Segundo o estudo da ONG, Cataluña podería ser autosuficiente e cubrir con enerxías renovables toda a demanda enerxética, mesmo se podería conseguir este obxectivo soamente con enerxía solar termoeléctrica, con solar fotovoltaica ou unicamente con enerxía eólica.

O estudo conclúe tamén que «Cataluña podería xerar suficiente electricidade para satisfacer unhas 14 veces a súa demanda existente, unicamente co total de potencial solar».

O mellor xacemento.

Parque solar en Tàrrega.O responsable da campaña de Enerxía de Greenpeace, Carlos Bravo, subliñou que «o xacemento enerxético máis grande que temos é o Sol, pero, se o queremos aproveitar, os gobernos español e catalán han de cambiar o papel absolutamente marxinal que se outorgou até agora á enerxía solar».

Nesta liña, Bravo destacou que «alongar a vida das centrais nucleares» en Cataluña sería a «peor decisión» que se podería tomar, porque este tipo de enerxía é «máis cara».

Enerxía sucia.

Carlos Bravo destacou que «temos un sistema eléctrico insustentábel baseado na enerxía sucia e o derroche». O responsábel de Greenpeace asegurou que sería factíbel o 100% de renovables antes do 2050 se houbese vontade política». A pesar diso, recoñeceu que «a capacidade de investimento é limitada».

Un mínimo do 20%.

Greenpeace pide cumprir a Directiva europea de Enerxías Renovables, porque acheguen un mínimo do 20% da enerxía primaria de face ao ano 2020. Por mor dos datos do seu informe, a organización ecoloxista pide á Generalitat que retire o Plan da Enerxía de Cataluña, que se vai aprobou en outubro, porque, á súa parecer, non potencia suficientemente as enerxías chamadas «limpas».

Tradución ao galego: Elisa Borrazás.

Home | Publicacións | Contacto ed e-mail